Grigoris Buniatyan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Григор Буниатян 26 de agosto de 1946 Khárkiv, Ucraína |
Morte | 7 de marzo de 2015 (68 anos) |
Grigoris Buniatyan (en armenio: Գրիգորիս Բունիաթյանը), nado en Ēǰmiaçin (Armenia) o 26 de agosto de 1946 e finado en Khárkiv (Ucraína) o 7 de marzo de 2015, foi un eclesiástico armenio-apostólico, arcebispo de Ucraína.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu o 26 de agosto de 1946 en Ēǰmiaçin.[1] Completou a súa educación primaria e secundaria na súa vila natal, e en 1960 ingresou no seminario de Ēǰmiaçin.[1] En 1965 foi ordenado diácono, e entre 1966 e 1967 continuou os seus estudos na Academia Teolóxica de Moscova.[1] Á súa volta a Armenia foi secretario da publicación oficial da Santa Sé de Ēǰmiaçin até 1968.[1]
A comezos de 1969 foi asignado á igrexa de San Gregorio o Iluminador de Òrǰonikije.[1] No mesmo ano foi ordenado sacerdote, e posteriormente serviu na comunidade armenia de Rostov do Don.[1] En 1971 marchou a Francia para continuar os seus estudos na Universidade Católica de Lión, servindo na igrexa de Santiago de Lión.[1] Entre 1973 e 1975 realizou o servizo militar no Exército Vermello. Continuou os seus estudos entre 1975 e 1979 na Universidade Católica de París, exercendo o seu ministerio na catedral de San Xoán Bautista.[1] Volveu a Armenia en 1979 e foi nomeado decano do seminario de Ēǰmiaçin durante o curso 1979-1980.[1]
Episcopado
[editar | editar a fonte]En 1981 trasladouse á Arxentina para exercer de párroco da catedral armenia de Buenos Aires, e en 1982 foi elixido primado da diocese da Arxentina.[1] Recibiu a consagración episcopal de mans de Vazgen I en 1983.[1]
En 1990 foi nomeado primado da diocese de Širak.[1] En 1992 inaugurou a Academia Teolóxica de Širak en Gyumri, e foi elevado ao rango de arcebispo.[1] Entre 1998 e 1999 foi administrador da Igrexa en Moldova.[1]
Entre 1999 e 2001 foi vigairo xeral da diocese de Armavir.[1] En 2001 foi nomeado primado da diocese de Ucraína.[1]
Finou no cargo o 7 de marzo de 2015, nunha visita a Khárkiv.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 "Archbishop Grigoris Buniatyan, head of Armenian Church Diocese of Ukraine died". Religious Information Service of Ukraine (risu.org.ua) (en inglés). 7 de marzo de 2015. Consultado o 29/10/2018.
- ↑ "ՎԱԽՃԱՆՎԵԼ Է ՈՒԿՐԱԻՆԱՅԻ ՀԱՅՈՑ ԹԵՄԻ ԱՌԱՋՆՈՐԴ Տ. ԳՐԻԳՈՐԻՍ ԱՐՔԵՊԻՍԿՈՊՈՍ ԲՈՒՆԻԱԹՅԱՆԸ". Hrparak.am (en armenio). 8 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04/07/2018. Consultado o 30/10/2018.
- Nados en 1946
- Nados en Armenia
- Sacerdotes ortodoxos orientais de Rusia
- Sacerdotes ortodoxos orientais de Francia
- Bispos ortodoxos orientais da Arxentina
- Bispos ortodoxos orientais de Armenia
- Bispos ortodoxos orientais de Moldova
- Bispos ortodoxos orientais de Ucraína
- Bispos da Igrexa apostólica armenia
- Bispos ortodoxos orientais do século XX
- Bispos ortodoxos orientais do século XXI
- Finados en 2015
- Alumnos da Universidade Católica de Lión
- Alumnos do Instituto Católico de París